CONGRESO MAR >

21mai19:30Presentación: 'Chámome Begoña'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Ateneo Atlántico

Detalles do eventos

O Espazo Ateneo de Vigo acollerá mañá a presentación desta obra, publicada pola Asociación Pedagóxica Galega e dirixida ás xeracións máis novas do alumnado. Con este acto, o Ateneo Atlántico súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2026 e á homenaxe a Begoña Caamaño, á que a Real Academia Galega dedica este ano.

O libro, titulado Chámome Begoña, nace como unha proposta fundamental para achegar á mocidade a vida, o activismo e o legado da histórica xornalista, escritora e feminista viguesa. A través do característico estilo visual e narrativo de Xosé Tomás, a obra amosa a infancia de Begoña no barrio vigués do Calvario, onde descubriu o seu amor polos libros de aventuras a través das lecturas que compartía coa súa nai e irmáns. Do mesmo xeito, o relato afonda na súa traxectoria no mundo da radio e no seu constante compromiso social coa igualdade de xénero e a visibilización das mulleres na historia desde ben nova.

Durante o encontro, o propio autor compartirá cos asistentes os detalles do proceso creativo desta obra, que destaca pola súa sensibilidade e por buscar a conexión cos lectores máis novos de forma sinxela e divertida. O evento comezará no Espazo Ateneo (Hernán Cortés, 28) ás 19.30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade do local, e contará con Ana María Pérez como encargada de introducir ao escritor e guiar a conversación co público.

Hora

21 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Ateneo Atlántico

Rúa Hernán Cortés, 28 b dereita, Vigo

Other Events