VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Caza mayor'

30mar20:00Presentación 'Caza mayor'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librería Versus

Detalles do eventos

Este xoves ás 20:00 Elvira Jardón presenta en Versus o seu poemario Caza Mayor, acompañada por Oriana Méndez.

Este libro é un exercicio poético no que se documenta unha etapa vital de emocións desbocadas. A cazadora penétrase nos bosques do pensamento sen máis armas que ela mesma, e tópase cunhas paixóns de magnitude descoñecida, cunha capacidade de sentir da que non era consciente. Inexperta, debe enfrontarse a unhas bestas fantásticas, de tamaños inconcibibles, que lle dan caza, tendo como únicas aliadas a súa capacidade de resistencia e a súa habilidade para orientarse nos tobos.

O poemario divídese en dous partes: rececho e montería. O rececho consiste en localizar ao animal, perseguilo, efectuar a aproximación final e disparar. A montería é practicada en grupo: uns esperan e outros levantan e escorrentan aos animais para que os primeiros poidan matalos con maior facilidade. Substituamos a palabra “animal” por emocións, sentimentos, pensamentos ou ideas e de aí o nome do libro.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librería Versus

Rúa de Venezuela, 80, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events