outubro, 2021

19out19:00Presentación 'Catas na memoria' de Carlos MéixomeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Edicións Laiovento, organiza a presentación do libro ‘Catas na memoria (A represión franquista no Val Miñor)’, de Carlos Méixome.

No acto, xunto co autor, participarán Xosé María Álvarez Cáccamo (poeta), Telmo Comesaña (Asociación viguesa pola memoria do 36), e Rosa Pascual (historiadora).

Carlos Méixome Quinteiro (1954). Naceu en Lalín, criouse no Carballiño e vive no Val Miñor. Estudou Filosofía e Ciencias de Educación en Compostela e exerceu como profesor de Xeografía e Historia ata a súa xubilación. Fundou o Instituto de Estudos Miñoranos e foi o seu director ata 2015. Ten publicado sobre cuestión internacionais e relacionados coa historia contemporánea de Galicia e investigado sobre a persecución franquista na área ao sur da cidade de Vigo, algunhas desas investigación recóllense neste libro. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro, de variada temática

SINOPSE

Como cinco prospeccións sobre a persecución franquista, como cinco pescudas froito dunha actividade memorialista de anos como se un fío de Ariadna andase a turrar de min, empurrado pola profunda sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático que non é quen de reparar a profunda inxustiza cometida coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todos os horrores do século XX.

A persecución sobre o maxisterio miñorán, a causa xeral contra a República en Gondomar, a resistencia dos miñoráns en Canido, a persecución en Baiona e as condenas a morte de veciños de Nigrán, son as catro pescudas parciais que permiten albiscar unha visión de conxunto da persecución franquista no Val de Miñor.

Martes 19 de outubro ás 19:00 na biblioteca da EMAO. Entrada de balde

Máis

X