REVISTA NADAL

27dec17:00Presentación 'Bruxas e dragóns', de Ledicia Costas e Luismi PérezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+01:00) Vigo de papel

Detalles do eventos

A fantasía, a literatura e o xogo únense en Bruxas e Dragóns: Baba Iagá, o primeiro volume dunha nova colección de libroxogos da editorial viguesa Triqueta. Unha obra creada pola escritora Ledicia Costas e o guionista Luismi Pérez con ilustracións de Bea Gregores, que tamén está dispoñible en castelán.

Esta obra rende homenaxe aos clásicos libros “Escolle a túa propia aventura” dos anos oitenta, onde cada lector e lectora pode escoller o seu propio camiño a medida que toman decisións. Unha proposta que combina a emoción dos xogos de rol clásicos coa maxia da narrativa literaria, abrindo a porta a unha forma distinta de ler: xogando. Por iso, resulta moi acaido para aqueles nenos e nenas aos que lles gusta xogar pero lles custa animarse a coller un libro.

Este sábado 27 preséntase na Librería Vigo de Papel.

Hora

27 decembro, 2025 17:00(GMT+01:00)

Localización

Vigo de papel

Rúa Aguia, 5, Lavadores, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events