REVISTA A MOVIDA >

04xuñ19:30Presentación:` Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Santiago´ACTIVIDADES PARA O COCO |De balde19:30(GMT+02:00) Ateneo Atlántico

Detalles do eventos

O Espazo Ateneo (Hernán Cortés 28) acollerá, a partir das 19.30 horas, un novo acto do programa de actividades que semanalmente organiza o Ateneo Atlántico e que nesta ocasión xirará en torno a obra de María Xosé Porteiro na que lembra non só a unha amiga se non á compañeira de profesión que deixou ademáis dun gran legado xornalístico, un de compromiso social e loita pola igualdade das mulleres.

O libro achéganos á figura de Begoña Caamaño desde a ollada próxima e cómplice de María Xosé Porteiro. Ao longo das súas páxinas, descríbese con claridade un itinerario vital e profesional marcado pola defensa dun xornalismo independente, veraz e cunha fonda vocación social. Nas súas páxinas sulíñase o firme compromiso de Caamaño co movemento feminista e coa cultura galega, analizando o espazos onde confluíron a comunicación, a militancia e a súa recoñecida faceta literaria.

O acto deste xoves vai máis alá dunha presentación tradicional ao estar acompañada a autora por Bea Caamaño, irmá de Begoña, e Uxía Senlle, amiga próxima da homenaxeda. As tres conversarán sobre o proceso de investigación do libro, así como das vivencias e os recordos que gardan de Begoña.

Ateneo Atlántico convida a o público interesado a sumarse a esta interesante actividade cuxa entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local.

Hora

4 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Ateneo Atlántico

Rúa Hernán Cortés, 28 b dereita, Vigo

Other Events