Detalles do eventos
O 19 de novembro de 2022 cumpríronse vinte anos do afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas e da contundente resposta pública á mala
Detalles do eventos
O 19 de novembro de 2022 cumpríronse vinte anos do afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas e da contundente resposta pública á mala xestión daquela crise. Antes deste aniversario, a asociación cultural Unha Gran Burla Negra en colaboración co Museo Reina Sofía organizou a exposición As cartas sobre a mesa. A memoria do Nunca Máis e as barallas políticas. Unha actividade que busca lembrar, investigar, difundir e reactivar a memoria popular daqueles feitos a través dun proxecto editorial e expositivo. Así se produciu “O Ghaiteiro Petroleiro”, unha mestura artística que combina satíricamente a memoria do movemento Nunca Máis e o imaxinario popular galego formando un arquivo visual, un dispositivo da memoria ao servizo dunha conmemoración crítica deste vixésimo aniversario. Un ano despois, chegou o momento de presentar esta baralla artística na que participan grandes artistas como Peri Helio, Leandro Barea, Lúa Gándara, Lique, Cristóbal Fortúnez, Berto Fojo entre outras.
Hora
19 xaneiro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


