Detalles do eventos
Vitruvia acolle a primeira ópera 360° de España, un thriller noir inmersivo composto polo músico vigués Brais González. O espectáculo, que se estrea este sábado día 9, contará
Detalles do eventos
Vitruvia acolle a primeira ópera 360° de España, un thriller noir inmersivo composto polo músico vigués Brais González. O espectáculo, que se estrea este sábado día 9, contará con máis de 25 artistas en escena.
0s próximos sábados 9 e 23 de maio, Vitruvia converterase no escenario de Badlands, unha obra que redefine a experiencia operística convencional. Baixo a batuta do compositor vigués Brais González, esta ópera inmersiva sitúa ao espectador dentro da acción e combina a tensión do xénero negro coa forza da música lírica.
Trátase da primeira ópera en formato 360° que se realiza en España e o café Vitruvia será transformando, con tal fin, no exótico e perigoso Shanghái de 1937. Dividida en catro actos a produción conta cun despregamento artístico excepcional como as sopranos Beatriz Arenas e Noelia Ratel, o tenor Fran Vicentez, o barítono Miguel Neira e o baixo Jorge Pazó. Tamén participa o Coro de Cámara Rías Baixas e o actor Jorge de Arcos, en total 25 cantantes en escena a través dos que os espectadores viaxarán en tempo e en espazo durante o transcurso do espectáculo.
Beatriz Arenas, soprano
Fran Vicéntez, tenor
Miguel Neira, barítono
Jorge de Arcos, actor
Noelia Ratel, soprano
Jorge Pazó, baixo
Coro de Cámara Rías Baixas
Virginia Lis, clarinete
Laura Lorenzo, frauta
Dirección de escena, Yoli Lorenzo
Entrada: 40,00 € (reservas a través de info@vitruviacafe.com, en Vitruvia o por WhatsApp 645 996 690)
Hora
23 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Vitruvia Café
Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra


