Presentación 'Ascensiones a las montañas más bellas'

01xuñ20:30Presentación 'Ascensiones a las montañas más bellas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30

Detalles do eventos

Galicia é un mosaico de bosques máxicos, prados verdes e outeiros rochosos, unha paisaxe infestada de montañas amables que dan corpo a serras, entre as que destacan a Dorsal Galega, Setentrionais, Orientais, o Macizo Central, as Serras do Sur ou as Litorais. O autor preséntanos 40 propostas nas que buscou antigos camiños, vetustas sendas que os veciños, pastores e camiñantes usaron durante anos. A selección é reconfortante e permite ao ávido viaxeiro coñecer o intrincado paisaxe destas terras. Aínda que a maioría dos roteiros propostos non son extremas, sempre é necesario medir as forzas e adecualas ás nosas capacidades. O obxectivo é gozar do camiño e do premio final: fantásticas vistas sobre vales, bosques mitológicos, pobos illados, as omnipresentes rías, o mar… É a identidade do monte galego.

Anxo Rial

Fronte á faceta de locutor e produtor de programas de radio, desenvolveu unha segunda paixón, a fotografía. A avidez polas viaxes, a montaña e aventura, levoulle a colaborar con publicacións relacionadas co turismo, fotografía e deportes de risco. As súas fotografías e textos aparecen en libros para: “Edicions Xerais de Galicia”, Editorial Desnivel, El País-Aguilar (Guía dos Espazos Naturais de Galicia), Hércules de Edicións ou National Geographic. Autor das guías turísticas de GALICIA (2010) e CANTABRIA (2011), para a editorial National Geographic. Gañador de diversos premios e certames fotográficos, entre eles o concurso internacional de montaña: “Memorial María Luisa”. Desde o ano 2017 converteuse nun embaixador de Galicia para a editorial SUA, desvelando a través da “Colección Galicia” as excelencias e maxias destas terras do norte.

Máis

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra