
Presentación 'As superviventes'
04feb20:00Presentación 'As superviventes'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico, en colaboración con Xerais presenta o libro As superviventes, de Ramón Caride. Será o martes 4 de febreiro, a partir das 20:00
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico, en colaboración con Xerais presenta o libro As superviventes, de Ramón Caride. Será o martes 4 de febreiro, a partir das 20:00 h en Librouro. O autor estará acompañado por Fran Alonso e Chis Oliveira.
As superviventes
Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensables para cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas e sufriron agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. Con todo, non se consideran vítimas, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes. Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas, consumistas, tóxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar ata o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!
(Da ficha do libro en Xerais)
Ramón Caride
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como Soños eléctricos (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio Sarou / Louzós (Xerais, 2012); O frío azul (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); O sangue dos camiños (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos Flash-Black 13 (2014), Exogamia 0.3 (Xerais, 2011), Endogamia 0.2 (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xerais, 2019), Dedre (Xerais, 2004), Liquidación de existencias (Xerais 2016) ou As superviventes (Xerais 2025). O volume antolóxico As máscaras de Cronos (Xerais, 2006), A chuvia humana (2011), e Criptografías (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: Perigo vexetal (Premio Merlín 1995), Ameaza na Antártida (1997), O futuro roubado (1999), A negrura do mar (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e O camiño da Estadea (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais Andanzas de Xan Farrapeiro (2009), A pomba dona Paz (2012), Catro amigos pillabáns (2012), O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas (2013), As viaxes de Ruki (2014), Sara ten un segredo (2018), As músicas viaxeiras (2021) e O misterio das zocas (2025).
(Da ficha do autor en Xerais)
Máis
Hora
4 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes