CAMELIAS NADAL

27nov20:30Presentación: 'arte menor'ACTIVIDADE PARA O COCO | De balde20:30(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

Preséntase no Café Uf, por parte de aCentral Folque o novo libro de Susana Sanches Arins @super_ulex , arte menor, unha obra publicada na colección Seiva que recolle a aventura de sete mulleres d’O Lugar que deciden asistir a aulas de pandeireta e canto tradicionais. Un poemario que reivindica o traballo comunitario e a forza das mulleres do rural, dunha tradición viva e en transformación, que amarra e retece os fíos da memoria colectiva.

O acto contará coa presenza da autora, acompañada pola cantante e compositora Su Garrido Pombo @sugarridopombo , nunha presentación que fusionará música e palabra, poñendo en valor a poesía popular e o legado cultural das mulleres que contribuíron e seguen a tecer a nosa memoria colectiva.

arte menor propón unha escrita antiépica, que bebe das lecturas feministas da Odissea fronte á Ilíada e se ancora nos cantos da tradición oral galega, nunha homenaxe á palabra viva e ás mulleres que a fan perdurar.

Hora

27 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events