Presentación 'Aquello que guardamos'
Detalles do eventos
Amase Castro asina o seu libro ‘Aquello que guardamos’ mañá mércores 11 de decembro ás 18.30 horas na librería do Corte Inglés.‘Aquello que guardamos‘
Detalles do eventos
Amase Castro asina o seu libro ‘Aquello que guardamos’ mañá mércores 11 de decembro ás 18.30 horas na librería do Corte Inglés.
‘Aquello que guardamos‘
Amizade, amor, traizón, segredos e confesións danse cita nesta conmovedora novela para atrapar ao lector ata a última páxina. Tui, 1945. Ao cumprir 16 anos, Rita ten que abandonar o orfanato e deixar atrás a quen a criou desde recentemente nada. Empeza a súa nova vida soñando con ter unha tenda, pero a súa única saída, polo momento, é traballar como criada nunha casa da Garda. Adaptarse será todo un reto e fará todo o posible para que se cumpra o seu maior desexo: volver estar preto da súa amiga da alma, Aurora. Vigo, 2002. Beira quere darlle unha sorpresa á súa avoa e, aínda que nada sairá como imaxinara, descubrirá que a familia non sempre nace dos lazos de sangue.
‘Aquello que guardamos’ é unha lectura feel-good, reconfortante e esperanzadora, que deixa unha sensación agradable ao terminala.
Amara Castro Cid (Vigo, 1975)
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, A súa experiencia profesional conxuga a docencia, a tradución e o xornalismo. ‘Aquello que guardamos’ é a súa terceira novela, tras a autopublicada Con isto e un biscoito, que recibiu o Premio Círculo Rojo, e O tempo suficiente, publicada na colección Grandes Novelas de Edicións Maeva.
Máis
Hora
11 decembro, 2024 18:30(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes