
Presentación "Ao sur da liberdade"
Detalles do eventos
Presentación este xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas, da novela “Ao sur da liberdade”, recén saída do prelo de mans de Morgante Edicións.
Detalles do eventos
Presentación este xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas, da novela “Ao sur da liberdade”, recén saída do prelo de mans de Morgante Edicións.
Trátase da primeira novela do catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas, unha incursión na narrativa histórica que é tamén o primeiro libro da triloxía Ban Marwán a estirpe do galego, unha saga familiar que transcorre na Galicia dos séculos VIII-IX. Nesta novela contanos a historia de Ianes, un rapaz entregado coma criado ao mosteiro de Samos e que se ve na obriga de fuxir para que non o condenen por un crimen que non cometeu.
O acto é gratuito e de acceso libre ata completar aforo e contará, amáis da intervención do autor coa introdución do historiador Anselmo L. Carreira e o tradutor e editor Moisés Barcia. Tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.
Máis
Hora
23 novembro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual