CASTRELOS 25

30out20:00Presentación: 'Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

O mércores 30 de outubro, celebrarase, ás 20 h, na Sala Kominsky de Vigo, a presentación de ‘Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground’, de Fernando Fernández Rego. Acompañando o autor, estarán Teo Cardalda (Golpes Bajos), Javier Moreda (Tintimán), e María Pereira, directora de Merlín Comunicación.

‘Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground’, do investigador Fernando Fernández Rego, é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia. O autor de ‘Unha historia da música en Galicia’ (libro que reeditaremos proximamente pola gran acollida que tivo); ademais de poñer a música como o eixe central do libro, fai paradas na contracultura, o “faino ti mesmo”, os fanzines, o audiovisual, a poesía e a plástica. Este #ensaio, ateigado de imaxes, analiza en profundidade o #Atlantismo e a #Movida. Aporta diferentes opinións e perspectivas que o tempo foi xerando sobre ela e invita a crear reflexións e debate arredor das mesmas.

Porque falamos de tempos novos e efervescentes en que proliferaron os camiños alternativos e subterráneos, e onde ten lugar unha transformación radical, tanto da sociedade como das artes.

É necesario confirmar asistencia en: comunicacion@editorialgalaxia.gal

Máis

Hora

30 outubro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events