CONGRESO MAR >

04xuñ20:00Presentación: `Analogik Dreams´CONCERTOS |De balde20:00(GMT+02:00) Café Uf

Detalles do eventos

O Café UF acollerá a presentación pública do novo selo musical impulsado por Sinsalaudio e financiado polo Ministerio de Cultura. O proxecto propón unha aproximación singular á creación sonora contemporánea, combinando gravacións directas en vinilo, discos de cerámica reproducibles, artesanía e tecnoloxía analóxica.

A xornada comezará cunha escoita das primeiras gravacións publicadas polo selo e continuará cun recital de Os Lindes. Ademais, o público poderá coñecer de primeira man os detalles desta iniciativa da man de Álex Cancelo, impulsor do proxecto, e da ceramista Olalla Lojo, responsable da creación das pezas cerámicas reproducibles que forman parte da proposta.

Hora

4 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events