26xuñ20:30Presentación: `Anacos´ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) Café Uf
Detalles do eventos
O Café Uf acolle este venres a presentación de “Anacos”, o novo traballo de Alfonso Rodríguez. Trátase dun poemario ilustrado que reúne textos creados entre 2021 e 2025
Detalles do eventos
O Café Uf acolle este venres a presentación de “Anacos”, o novo traballo de Alfonso Rodríguez. Trátase dun poemario ilustrado que reúne textos creados entre 2021 e 2025 combinados con 44 colaxes a toda cor, establecendo un diálogo único onde a poesía e o deseño visual se complementan.
No acto de presentación participarán o propio autor e Carlos Rafael, responsable da selección dos poemas. Para completar a velada, a cita contará cunha actuación de Wind Wordsnoise acompañada dunha proxección audiovisual, reforzando o espírito experimental da editorial Saurobuks por crear propostas híbridas máis alá do formato literario convencional.
Hora
26 xuño, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


