>

19xuñ19:30Presentación: `Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos´ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) A. VV. Teis

Detalles do eventos

A Asociación Veciñal de Teis acollerá a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, unha obra do avogado e politólogo Roberto Mera que recupera para a memoria histórica a figura do deputado republicano nacido en Ponteareas. O libro, premiado este ano co Antón Losada Diéguez na categoría de Investigación e Ensaio, afonda na vida dun home clave na evacuación de milleiros de exiliados republicanos durante a Guerra Civil española.

A través dunha ampla investigación documental, Mera reconstrúe os últimos anos da vida de Alejandro Viana, que permaneceu xunto ao Goberno da República no exilio francés e liderou o rescate de arredor de 17.000 persoas cara a América, nun labor humanitario que o autor compara coa figura dun “Schindler galego”. O acto permitirá coñecer unha historia marcada pola memoria democrática, o compromiso político e a loita pola liberdade.

Hora

19 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

A. VV. Teis

Rúa Gerardo Campos Ramos, 2, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events