VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Alba de groria' de Castelao

19xan19:00Presentación 'Alba de groria' de CastelaoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O Marco acolle o acto de presentación do libro “Alba de gloria”, de Castelao, ilustrado por Ana Santiso.

O acto comezará ás 19:00 horas e contará coas asistencia da ilustradora (Ana Santiso), o filólogo, escritor e etnógrafo Calros Solla e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

Aforo limitado, é preciso confirmar a asistencia no correo: galaxia@editorialgalaxia.gal

“Alba de groria” foi o último discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso. Esta nova edición publicouse no centenario da Xeración Nós, da que Castelao foi un do seu membro máis singulares. Ana Santiso recrea os personaxes dos que fala o rianxeiro no seu soado último discurso. O libro inclúe unhas páxinas onde se identifica cada unha das personalidades que aparecen no discurso e nos debuxos.

Máis