REVISTA FEBREIRO

29xan19:30Presentación: 'A vida a arder'Actividades para o Coco | De balde 19:30(GMT+01:00) Galería RíoLagares

Detalles do eventos

Presentación do libro ‘A vida a arder’ de Abraham Perez e Xabier Queipo . Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto… Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escritos cun estilo directo e seco, onde hai espazo para o poético e o reflexivo, atopamos vidas urbanas condicionadas pola denominada Gran Recesión, onde a incerteza existencial parece traspasar tamén o eido afectivo e laboral. Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.

Hora

29 xaneiro, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería RíoLagares

67PC+2F Vigo

Other Events