GFFF

Presentación "A viaxe do castrexo", de Alexandre Plaza Poutás

23ago20:00Presentación "A viaxe do castrexo", de Alexandre Plaza PoutásACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00

Detalles do eventos

A libraría Librouro (Eduardo Iglesias, 12) acolle este vindeiro mércores 23 de agosto, ás 20 h, a presentación da novela “A viaxe do castrexo”, publicada pola Editorial Galaxia.

Trátase da primeira novela de Alexandre Plaza Poutás, autor vigués residente en Alemaña que nos mergulla nas tribulacións dun rapaz castrexo que vive no Castro do que será a cidade de Vigo no século II A.C. e tras
ser inxustamente acusado e conseguir fuxir cara a Braga terá que participar nunha loita entre o seu mundo e o do invasor Imperio Romano.

O acto é gratuito e de acceso libre ata completar aforto e contará, amáis da intervención do autor, Alexandre Plaza Poutás, coa introdución do escritor Silvestre Gómez Xurxo. Tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra