>
12abr20:00PRESENTACIÓN “A SOMBRA DO MAL”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro
Detalles do eventos
O vindeiro 12 de abril A Sombra do Mal cernirase sobre Vigo con máis forza que nunca. As escritoras Nuria Fernández Fariñas, María Nieto e Almuden
Detalles do eventos
O vindeiro 12 de abril A Sombra do Mal cernirase sobre Vigo con máis forza que nunca. As escritoras Nuria Fernández Fariñas, María Nieto e Almuden Santamaría, coordinadas pola xornalista Guada Guerra, serán as encargadas de conxurar os elementos necesarios ás 20 horas na libraría Librouro para a presentación do libro homónimo -A Sombra do Mal-, unha antoloxía de novo relato galego de misterio editada por Embora e coordinada pola Asociación Galega de Escritores.
O libro, que aglutina 20 relatos doutros tantos autores e autoras galegos, viaxa a través das diferentes versións do mal e o sobrenatural en Galicia, unha terra tradicionalmente vencellada ao alén, dende perspectivas moi diferentes. Dende o relato negro até o terror máis clásico, pasando polo misterio, o gótico e o sobrenatural.
Hora
12 abril, 2024 20:00(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra



