
13mar20:00Presentación 'A rede branca'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro
Detalles do eventos
Presentación este vindeiro mércores 13 de marzo, ás 20:00 horas, da novela “A rede
Detalles do eventos
Presentación este vindeiro mércores 13 de marzo, ás 20:00 horas, da novela “A rede branca”, recén saída do prelo de mans de Edicións Xerais tras ser finalista na última edición dos Premios Xerais de Novela, referente das nosas letras.
Trátase da primeira novela de Fran Morgan, un impresionante debut literario que se nos presenta coma unha incursión na novela negra que emprega os códigos do xénero para trazar unha inquedante fotografía dunha sociedade apreixada pola cobiza e o egoísmo que está escrita cunha prosa concisa, directa, contundente coma un directo dun boxeador aos nosos beizos.
O acto é gratuito e de acceso libre ata completar aforo e contará, amáis da intervención do autor coa introdución do xornalista e tamén escritor Eduardo Rolland e Sara Vila, encargada de comunicación de Edicións Xerais. Tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.
Máis
Hora
13 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual