REVISTA FEBREIRO

Presentación 'A luz nos teus ollos' de Álex Mene

02xuñ19:00Presentación 'A luz nos teus ollos' de Álex MeneACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Fnac Vialia

Detalles do eventos

Álex Mene presentará mañá na Fnac de Vigo o seu libro ‘A luz nos teus ollos’, o acto será ás 19:00 h e contará ca presenza do escritor e profesor Anxo Raxó.

Sipnose:
No planeta Vilar non hai luz, todo é negro. Cristal e Carbón deciden que as cousas non teñen por que seguir sendo así só porque sempre foron dese xeito. Os dous xemelgos inician unha viaxe por todo o planeta, empregando o seu enxeño, tacto, ouvido e olfacto para superar os perigos que se cruzan no seu camiño na procura da Luz.
Regatos, bosques, montañas, desertos e unha chea de amigos formarán parte da travesía destes dous irmáns que, sen recuar ante ningún monstro ou ameaza, loitarán por conseguir o don da vista para os habitantes do seu planeta.

O libro conta con ilustracións de Ruth Ouviña. Álex Mene Naceu en Vigo no ano 1969. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Despois de
traballar en diferentes países, atopou o seu lugar no mundo nas Rías Baixas

Máis

Hora

2 xuño, 2023 19:00(GMT+01:00)

Localización

Fnac Vialia

Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events