FAITE AMOVIDALOVER

10xul20:00Presentación 'A historia de Galicia en 30 obxectos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

David Gesteira é historiador, bibliotecario e, sobre todo, é a cara e a voz que se atopa detrás do proxecto de divulgación histórica @descifrandoahistoria, no que ten entrevistado en formato podcast a moitos expertos e expertas co fin de que a historia galega se coñeza e saia á rúa. Despois de cinco anos de vida nesta canle, que conta cunha gran comunidade de seguidores, agora vén de publicar A historia de Galicia en 30 obxectos, unha obra con ilustracións de Miguel Robledo en Aira Editorial que bebe da súa paixón: seguir falando e espallando a historia das xentes populares.

Preme aquí para ler a entrevista que lle fixemos.

Sobre o libro

Disque os obxectos son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como elementos tan cotiáns coma unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia de Galicia. 

Polas páxinas desta obra do historiador David Gesteira pasan libros prodixiosos, ferramentas do pasado, edificacións senlleiras e multitude de historias do noso pobo

Hora

10 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events