REVISTA FEBREIRO

Presentación 'A fraga das avoas invisibeis'

17xan19:30Presentación 'A fraga das avoas invisibeis'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

Edicións Ferevenza e a libraría Librouro (Eduardo Iglesias, 12) aprácense en anunciarlle a presentación este vindeiro venres 17 de xaneiro ás 19:30 horas, do álbum infantil A fraga das avoas invisibeis, recén saída do prelo de mans de Edicións Fervenza e que reúne o traballo da escritora Claudia Castro e mais a ilustradora Yolanda López.

Trátase dun conto infantil no que a protagonista, unha rapaza chamada Vera enfronta a crúa realidade de que a súa nai está enferma de cancro mais contará coa axuda dos seus amigos e especialmente da súa nai que saberán axudala nunha marabillosa fábula especialmente emocional e emotiva.

O acto é gratuito e de acceso libre ata completar aforo e contará coa presenza da escritora Claudia Castro e a ilustradora Yolanda López. A introdución corre a man do recoñecido e tamén escritor Antonio García Teijeiro. Tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.

Máis

Hora

17 xaneiro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events