CASTRELOS 25

30out19:30Presentación: 'A dama que fala de Rompente'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O mércores 30 de outubro (19:30 horas) celebrarase no local de Évame Oroza a presentación do libro A dama que fala do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Coma sempre sucede con Rompente, será unha presentación sorprendente! Acceso libre ata encher aforo.

Sinopse
Dadaísmo, surrealismo, rabudismo, inconformismo, rupturismo, rompentismo. Diso vai A dama que fala. Este libro de Rompente é a reedición do último publicado polo grupo en 1983, antes de separarse. Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón reuniron baixo o toldo de “A dama” (un espectáculo que tivo varias versións) a parte da vangarda artística de Galicia daquel tempo: os artistas plásticos Menchu Lamas, Antón Patiño, Ánxel Huete e Guillermo Monroy e os compositores Enrique X. Macías e Julián Hernández.

Cumpridos xa os 40 anos da primeira edición, cómpre mergullarse agora na “perturbación Rompente” cun libro onde se recuperan os textos orixinais e a pegada estética de Lamas e Patiño. Neste volume inclúese tamén un apéndice documental que quere axudar a visualizar aquel tempo de grandes preguntas e silenciosas perplexidades. Se cadra, igual ca hoxe.

Máis

Hora

30 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events