
Detalles do eventos
En 1702, durante a guerra de Sucesión española, aconteceu un dos fitos navais da nosa historia. Galeóns españois, acompañados por forzas aliadas francesas, arribaron á ría de Vigo
Detalles do eventos
En 1702, durante a guerra de Sucesión española, aconteceu un dos fitos navais da nosa historia. Galeóns españois, acompañados por forzas aliadas francesas, arribaron á ría de Vigo co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico. Ata alí os seguiu a escuadra da coalición anglo-neerlandesa, coa idea de apoderarse do botín. A batalla foi encarnizada, as augas da ría parecían arder e, aínda hoxe, segue a ser motivo de especulacións, investigacións e, incluso, posta en relevo polo escrito Jules Verne na súa novela 20.000 leguas baixo dos mares.
David Braña naceu en Barcelona en 1973. A súa paixón desde neno polos cómics levoulle a comezar a escribir os seus primeiros guións sendo un adolescente e a publicar fanzines e obras de maior extensión como as dúas entregas de DOUS: Primeiros síntomas e Buscando respostas en Vigo e Evil War (Drakul); Mercury (Babylon); Os ocultos, Mil Lobos e Vivar (Nowevolution)
Pablo Prado naceu en Ourense, é ilustrador, caricaturista e autor da adaptación a banda deseñada de O derradeiro libro de Emma Olsen (2020), a partir da novela orixinal de Berta Dávila (2013). Autor no libro colectivo O Picoto do Pai (2017). Tamén publica BD e humor gráfico en revistas como A viñeta de Schrödinger, ou en xornais como Novas do Eixo Atlántico ou A Peneira.
Máis
Hora
9 xuño, 2023 19:00(GMT+02:00)
Localización
Fnac Vialia
Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual