FAITE AMOVIDALOVER

11abr19:3019:59Presentación '13 ocas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 - 19:59(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Presentación do libro “13 ocas” de Mercé Alegría

Sinopse

Cando Andrés, mensaxeiro en bicicleta e dono da pequena empresa CicloXpress, recibe o encargo de ir recoller un paquete á rúa do Tolo, s/n, é desafiado a vivir unha viaxe inimaxinable que o levará moito máis alá do seu pouco confortable zona de confort nun percorrido iniciático que transformará para sempre a súa vida.

Tras cruzar a ponte penetrarase nun territorio descoñecido, sucado por camiños intrincados nos que inevitablemente se perderá, e será alí onde coñecerá a unhas mulleres moi especiais (e a algún que outro home singular tamén) que viven, naquel inmenso bosque que rodea á cidade, unhas vidas moi distintas a todo o que el puidese coñecer pedaleando polas rúas da gran urbe.
Proba a proba e de oca a oca, os peculiares poboadores daquela paisaxe fascinante e misteriosa do que falan algunhas lendas urbanas irán instruíndo ao ciclista sobre os segredos do Xogo da Oca e a súa sabedoría para o camiño da vida.

Hora

11 abril, 2024 19:30 - 19:59(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events