Prendendo Butacas: 'A Galiña azul' de Tanxarina Títeres

02xan(xan 2)10:0003(xan 3)10:00Prendendo Butacas: 'A Galiña azul' de Tanxarina TíteresPEQUERRECHOS| De balde10:00 - 10:00 (3)(GMT-11:00)

Detalles do eventos

Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do programa Prendendo Butacas na Casa, que arrancan este xoves, día de Noiteboa, e se prolongarán ata o domingo 3 de xaneiro. Son oito as representacións previstas a cargo doutras tantas compañías, fundamentalmente da provincia pontevedresa, que se retransmitirán vía streaming na web da institución provincial desde as 10 da mañá de cada xornada e durante as 24 horas seguintes.

O sábado, 2 de xaneiro chegará A Galiña azul, de Tanxarina Títeres. A obra de Carlos Casares cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor nunha divertida adaptación. A obra, na que a compañía emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral, fala da diversidade e da solidariedade, e está destinada ao público infantil e familiar.

Máis

Hora

2 (Sábado) 10:00 - 3 (Domingo) 10:00(GMT-11:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!