VIALIA
bannerPicnicSesions

Premios IX Certame de Relatos Vigo Histórico

15dec20:00Premios IX Certame de Relatos Vigo HistóricoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O 15 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo celébrase o acto de entrega dos premios do IX Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado por Editorial Elvira coa colaboración da Fundación IgualArte. Ademais, presentarase o noveno volume do libro ‘Relatos na rúa’, no que aparecen os relatos premiados e unha selección realizada polo xurado.

O gañador da novena edición do certame é o relato ‘Gracítame’, de María Jesús González, un escrito cheo de humor e retranca, no que faremos un percorrido dende o Vigo do Nadal ata o Cemiterio de Pereiro, no que estaremos en contacto cos ilustres persoeiros que aí descansan. O segundo premiado foi para ‘Una calle cuesta arriba’, de María del Carmen Pereiro Oliveira.

O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o segundo premio terá 500 euros e os 4 accésits, 200 euros cada un. O xurado do Certame de Relatos Vigo Histórico, que tivo a difícil tarefa de elixir, está formado pola escritora Ledicia Costas; o pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a escritora Clara do Roxo, o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, a escritora e actriz María Lado e a xornalista Noelia Otero Lago.

Na gala, ademais da entrega dos premios, presentarase o libro ‘Relatos na Rúa’ e contaremos coa actuación da compañía IgualArte. Hai que recordar que a Editorial Elvira colabora con esta Fundación, entregando un euro do prezo de cada libro vendido a esta institución.

Xoves 15 ás 20:00

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events