FAITE AMOVIDALOVER

12feb21:00Pre- FESTIVAL LAN'DS END HARDCOREfestivais e feiras | 15,00 €21:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

SORCERER son dos mellores actos que trouxo a gran oleada de bandas post-covid en París. Voltan á península tras xirar xunto a Guilt Trip e Foreign Hands o ano pasado, aínda que esta vez pisarán a nosa escena. Presentan un achegamento bastante único ao hardcore metálico integrando elementos melódicos, de ambient e un toque de emo, todo fundamentado sobre unha atmosfera sombría e pesada plasmada con precisión e elegancia no seu álbum debut “Devotion” lanzado o pasado 2024. Imaxina un cruce dos mellores elementos de Integrity, Shai Hulud e Amenra e dálle a todo unha vibra medieval e voilá, tes Sorcerer.

Os parisinos estarán ben acompañados na súa xira polos nosos amigos NO RELIEF, os riffers de Brighton que alguns coñeceredes da edición do noso festi no 2024. Aquela foi a súa primeira vez no estranxeiro e dende entón non pararon de tocar por Europa. Ao contrario que os seus compañeiros de xira ofrecen un achegamento do mais directo posible dun hardcore punk como ben se coñece por estas partes “zapatilla”. Veñen de sacar un EP “Destroy Your World” e unha promo “Inner Rage/Your Fate” o ano pasado que ven sendo puro carburante de pit na vea de Death Threat ou Buried Alive.

De locais representando o GHC contaremos coa mellor e única banda metal core REAL da península FACED OUT. Veñen de sacar o seu segundo álbum “At Eternity’s Edge” este verán, o que recibiu críticas moi positivas tanto nacionais como internacionalmente, o que os levou a xirar polo antigo continente por terceiro ano consecutivo. Para fans de Arkangel, Reprisal ou From The Dying Sky.