VIALIA
bannerPicnicSesions

Posicionamento dixital da túa marca musical

09feb16:30Posicionamento dixital da túa marca musicalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:30(GMT+01:00) Conservatorio Superior (O Castro)

Detalles do eventos

A programación contén grandes nomes das industrias culturais desenvolverase ao longo de cinco días, do 6 ao 10 de febreiro, cun total de 11 actividades presenciais no Conservatorio Superior de Vigo, abertas ao público xeral e gratuítas. Tamén haberá activdades na ESAD Galicia, estas de acceso exclusivo para o alumnado.

O cuarto día desta intensa semana, o xoves 9 de febreiro ás 16:30h, contará con tres actividades. A primeira será un relatorio presencial levado a cabo por Xabier Roldán, coordinador do máster en comunicación en medios sociais. “Posicionamento dixital da túa marca musical” tratará o impacto das redes sociais no panorama musical.

A segunda actividade, ás 18:30h, será un encontro presencial protagonizado por Edward Reid, trompetista e director da Fred Fox School of Music da Universidade de Arizona e con quen se falará do músico clásico profesional en América do Norte baixo o nome de “Ollada musical nos Estados Unidos”. Ambas actividades se levarán a cabo de maneira presencial na aula 0 do centro.

Posteriormente ás 20h, as alumnas ucraínas do programa ERASMUS do centro realizarán un concerto no Auditorio Martín Códax. “Sons da Ucraína” consistirá nunha viaxe por compositores de toda Europa ao longo dos séculos.

Máis

Hora

(Xoves) 16:30(GMT+01:00)

Localización

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events