VIALIA
bannerPicnicSesions

Porvenir

20nov20:00PorvenirESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Impromadrid Teatro | 90′ | Castelán

Porvenir conta a historia de catro amigos de toda a vida que, encirrados pola deusa da fortuna, enfróntanse á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que levan as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente déixanse levar pasivamente polos seus quefaceres cotiás…? Porvenir non dá solución á pregunta pero si reivindica o feito mesmo de formulala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela. Dámonos o momento para reflexionar sobre o que queremos como seres humanos e por que o queremos? Estamos condenados a seguir o ritmo de Kronos (deus do tempo cronolóxico)? Non é a nosa responsabilidade defender e gozar de Kairós (o tempo oportuno e cualitativo)?

Autoría e dirección: Ignacio López
Escenografía, deseño de son e vestiario: Tatiana de Sarabia
Deseño de iluminación: Ángel Hidalgo
Música: Luis de Pablo
Elenco artístico: Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López

Entradas anticipadas (sen gastos de xestión)
• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

O público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events