REVISTA OUTUBRO

Porto Maresía: Guadi Galego

28nov19:30Porto Maresía: Guadi GalegoCONCERTOS | Desde 11,00€19:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O sentimento especial que experimentamos ao intuír o recendo do salitre logo de pasar tempo lonxe do mar. O sabor a mar que nos fai sentir como na casa. Iso é Porto Maresía: a música que nos traslada ata o lugar que é o noso fogar. A música, como o mar, arrólanos, sacódenos, refréscanos, mergúllanos. Apodérase de nós e sempre volvemos a ela. E, aínda que estiveramos un tempo lonxe das cancións en directo, era tempo de regresar. Benvidos a Porto Maresía: concertos con sabor a sal. Un ciclo auténtico cunha selección de artistas galegos que aúnan, baixo a súa figura, a tradición e os estilos máis actuais e variados da nosa escena, a ritmo de pop, rock ou canción de autor. Heredeiros da Crus, Ortiga, Andrés Suárez e Guadi Galego conforman a grella de excepción desta primeira edición de Porto Maresía, que atracará en Vigo e A Coruña a última fin de semana do mes de novembro. Todos eles representan – cada cal á súa maneira- o poder do autóctono, das nosas orixes, dunha identidade única e singular. Os sons ao vivo destes catro artistas danlle forma e sentido a un ciclo que, organizado por Art Music co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22, a través da liña de axudas a concertos para contribuir á recuperación da actividad empresarial e artística galega aprobada o pasado mes de setembro, reivindica o poder da cultura galega, para difundir a nosa riqueza lingüística e musical nun evento festivo, atractivo e de calidade, que pon en valor o noso legado inmaterial.

O Teatro Afundación de Vigo acollerá dúas actuacións de grandes solistas: Andrés Suárez regresará á cidade portuaria o sábado 27, ás 21.00h, co seu imponente directo; e, o domingo 28, ás 19.30h, Guadi Galego presentará o seu último disco, Costuras, unha xoia de letras maduras e atrevidas melodías coas que xera texturas únicas dentro do pop

As entradas para os catro concertos de Porto Maresía estarán a disposición do público a través da plataforma online Ataquilla.com a partir deste venres, 8 de outubro, ás 10.00h

Andrés Suárez
Sábado 27 de novembro, 21.00h
Teatro Afundación (Vigo)

A historia de Andrés Suárez é o máximo exemplo de ata onde pode levar a combinación de constancia e talento. A súa discografía é un compendio da súa evolución persoal: De ida (2002), Maneras de romper una ola (2008), Piedras y charcos (EP, 2010), Cuando vuelva la marea (2012), Moraima (2013), Mi pequeña historia (2015) e Desde una ventana (2017), que entrou directo ao como nº1 de vendas na súa primeira semana de lanzamento. En xuño de 2020 estreou o seu octavo disco, titulado Andrés Suárez, que acadou o nº1 na lista de vendas físicas. Un traballo de dez cancións, ateigado de luz, no que o artista se mostra como non fixera ata o de agora. Desde entón, percorre a xeografía española co seu imponente directo, esgotando as entradas de todas as datas que anuncia.

Guadi Galego
Domingo 28 de novembro, 19.30h
Teatro Afundación (Vigo)

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. No 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira; e no 2009 inicia a súa carreira en solitario con Benzón, álbum aclamado pola crítica galega e española, sen deixar de participar noutros proxectos. Co seu último traballo, Costuras (2020), demostra, unha vez máis, que é unha artista que non deixa de experimentar, manténdose sempre fiel a súa esencia. A madurez das súas letras e o atrevemento das súas melodías e propostas converten a Guadi Galego nunha xoia da nosa música, sen a cal non se entende a nosa actualidade artística. Con dez temas que falan desde a súa infancia até o presente máis duro e esperanzador, Costuras dá boa conta dos acenos de identidade da artista: capacidade para a composición, a versatilidade e a sensibilidade á hora de interpretar.

Máis

Hora

28 novembro, 2021 19:30(GMT+02:00)