xuño, 2019

30xuñ01xulPortas abertas no buque Juan Carlos IACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(xuño 30) 15:00 - (xullo 1) 20:00 Estación Marítima

Máis

Detalles do evento

O buque anfibio portaeronaves “JUAN CARLOS I” é un buque multipropósito e o maior buque de guerra construído en España, concretamente en Ferrol. A súa denominación OTAN é LHD (Landing Helicopter Dock). Toma o seu nome de S.M. O Rei Don Juan Carlos I. Continúa a longa tradición da Armada de asignar a un dos seus buques principais o nome propio do monarca reinante, mantida desde a chegada da Casa de Borbón ao trono de España en 1700.

O buque “Juan Carlos I” supón unha ferramenta da Armada para garantir a capacidade de resposta e influencia global ao dispor do poder político, en apoio á crecente proxección internacional de España. Trátase dunha unidade tecnoloxicamente avanzada, interoperable, adestrada e alistada, o cal lle permite actuar con garantías de éxito en escenarios moi variados. Está deseñado e construído integramente en España, polo que se trata dunha mostra máis das capacidades alcanzadas pola nosa industria de defensa e redunda no seu prestixio fóra das nosas fronteiras.

Domingo 30 de xuño, de 15.00 a 22.00 horas.

Luns 1 de xullo, de 10.00 a 20.00 horas.

Hora

Xuño 30 (Domingo) 15:00 - Xullo 1 (Luns) 20:00

Lugar

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

X