Portas abertas en Espacio Foresta
25feb10:30Portas abertas en Espacio ForestaPEQUERRECHOS | De balde10:30(GMT+01:00) Espacio Foresta
Detalles do eventos
O sábado 25 de febreiro a partir das 10:30 o Espacio Foresta organiza unha xornada de portas abertas para coñecer as súas instalacións e a súa metodoloxía.
Detalles do eventos
O sábado 25 de febreiro a partir das 10:30 o Espacio Foresta organiza unha xornada de portas abertas para coñecer as súas instalacións e a súa metodoloxía.
O Espacio Foresta é un centro de aprendizaxe activo na natureza, emprazado en Vincios, onde os nenos e nenas de 3 a 6 anos se desenvolven nun entorno natural. Aprenden a través do xogo, das súas experiencias e da súa liberdade para explorar, descubrir o medio que os rodea e con todo isto, a eles mesmos. Isto dálles aos cativos moitísima máis autonomía e confianza neles mesmos.
En Foresta, son os propios alumnos os que deciden as actividades e proxectos que queren levar a cabo segundo os intereses que teñan en cada momento. O seu horario é de 9.00-13.45h, seguido do comedor que abrangue ata as 15.30. O horario de entrada e saída é flexible, o que quere dicir que os alumnos dispoñen da primeira e última hora para realizar as súas entradas ou saídas respectivamente.
Son un grupo mixto en tódolos sentidos. Esta característica moitas veces preocupa os pais, pero a realidade é que aprenden a axudarse e respectarse uns a outros sen importar a diferenza de idade que exista entre eles.
O proceso de adaptación é totalmente diferente ao das escolas convencionais, xa que en Foresta non hai un tempo definido para isto e realmente comézase na casa. Trátase dun proceso totalmente respectuoso durante o cal, nos explica Noa, “o ritmo desta adaptación o marca cada neno ou nena, sen forzar nin acelerar o proceso e onde as acompañantes, que van a ter durante o curso escolar comezan este transcurso na casa do alumno para xerar ese vínculo de confianza e afecto”. Deste xeito a escola convértese nun fogar ampliado ou nun segundo fogar onde sentirse cómodo e seguro.
Podes ler tres artigos sobre Foresta a continuación:
– Foresta, aprendizaxe activo na natureza
– Escolas de portas abertas: Foresta
– Xogo libre na natureza coa Tribo Foresta
Web:www.foresta.com
Email: espacioforesta@gmail.com
Enderezo: Salgueiro, 36, 36316 – Vincios (Gondomar)
Para anotarse na xornada de portas abertas do 25 de febreiro é necesario inscribirse por email: espacioforesta@gmail.com
Máis
Hora
25 febreiro, 2023 10:30(GMT+01:00)
Localización
Espacio Foresta
Salgueiro, 36, 36316 Gondomar, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes