decembro, 2019

17dec19:00'Porque lo digo yo, que soy mamá' de Noe MartínezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 El Corte Inglés

Máis

Detalles do evento

Despois de títulos como Señálame un imbécil y me enamoro, Nunca te fíes de un chico que no toma postre e A otra princesa con ese cuento, Noe Martínez irrompe de novo no mercado literario cun libro que, seguindo a súa liña temática, ten como protagonista á muller: ‘Porque lo digo yo, que soy mamá’ , que asinará mañá martes 17 de decembro ás 19.00 horas na librería (planta 5ª) do Corte Inglés de Vigo.

‘Porque lo digo yo, que soy mamá’ é un relato en primeira persoa que narra a experiencia da autora tras ser nai de dous nenos. Co seu particular estilo humorístico Noe relata, dunha maneira moi gráfica, multitude de situacións da vida cotiá que son comúns na maioría das nais: os medos e inseguridades, as primeiras proezas dos nenos, as festas de aniversarios, a conciliación laboral… Nais que antes eran amigas, confidentes, noivas, fillas ou traballadoras, que tiñan tempo para saír, arranxarse, ir de compras, ir ao ximnasio ou recrearse en todas as súas actividades sen tensións, permitíndose incluso o luxo de ter un chisco de caos e improvisación nas súas vidas; e agora teñen que dedicar as 24 horas do día, os 7 días da semana e os 365 días a ser nais. Unha visión da maternidade repleta de humor na que tamén queda patente as miles de ocasións que ven envoltas pola incerteza e a zozobra.

En palabras da autora, ‘Porque lo digo yo, que soy mamá’ é “o legado de disparate, tolemia e amor que saíu dos meus dedos mentres a vida e os meus nenos ensinábanme que ser mamá non é un cargo, é un galardón marabilloso que hai que gozar como se merece”.

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

X