O evento xa tivo lugar!
Este é un evento repetitivo13 maio, 2021 19:30
'Por Xela: Espectáculo multidisciplinar'
Detalles do eventos
No marco da programación polo Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra estrea o espectáculo ‘Por Xela’, no que todo xira arredor da súa obra mesturando tres
Detalles do eventos
No marco da programación polo Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra estrea o espectáculo ‘Por Xela’, no que todo xira arredor da súa obra mesturando tres disciplinas artísticas e tres formatos: música, poesía e fotografía, como facía a propia homenaxeada deste ano.
A parte de poesía está comisionada por Tamara Andrés, tradutora e poeta especializada en Xela Arias. No espectáculo participarán dez poetas contemporáneas galegas; estarán en vivo catro delas de cada vez.
A parte musical corre a cargo de A Banda da Loba, formación galega composta por mulleres que está a revolucionar a escena galega coa mestura de música e literatura. Musicarán poemas de Xela Arias desde formatos máis tenros ata o punk rock, pasando polo country ou o bolero.
A fotografía serviranos para achegarnos á figura de Xela Arias a partir das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria. Será un show dinámico, atractivo e 100 % feminino para homenaxear unha poeta singular.
O espectáculo será o xoves 13 de maio ás 19:30 na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e o venres 14 en Pontevedra.
É preciso solicitar o convite a través do formulario dispoñible neste enlace. Podes seguir o espectáculo tamén en streaming
Máis
Hora
14 maio, 2021 19:30(GMT+01:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes