
Detalles do eventos
O 27 de xuño, ás 20:00 h, celébrase na fortaleza do Castro un espectáculo teatral para tódolos públicos. Trátase dunha representación sobre o asedio da
Detalles do eventos
O 27 de xuño, ás 20:00 h, celébrase na fortaleza do Castro un espectáculo teatral para tódolos públicos. Trátase dunha representación sobre o asedio da Armada inglesa en Vigo no ano1719. A entrada é de balde e será no Patio de armas do primeiro recinto.
«Por que Vigo?» é unha peza que emula as representacións populares propias do teatro do século XVIII, na que se recreará un conflito bélico entre España e Inglaterra. A obra introdúcenos nesta recreación histórica, na que os feitos reais son tratados de forma cómica e musical. Os protagonistas da peza son Felipe V e Isabel de Farnesio, os principais responsables de que Vigo fose invadida e asediada polos ingleses en 1719.
Desde a musealización da fortaleza do Castro, realizada en 2023, desenvólvense neste espazo actividades como as visitas guiadas, as visitas virtuais e as xornadas anuais teatralizadas.
Máis
Hora
27 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Fortaleza O Castro
Paseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual