CANS

24abr20:00Por que escribimos? Por que lemos?, con Pedro Feijóo, Guada Guerra e An AlfayaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Vigo celebrará o Día do Libro cun programa de actividades concentrado nos días 23, 24 e 25 de abril, que inclúe lecturas públicas, encontros con escolares, narración oral e faladoiros con autores. A programación incorpora ademais unha homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar, falecido en 2022.

Programa:

Xoves 23 ás 11:30 h na Praza de Compostela – Encontro de escolares ante a escultura de Domingo Villar. Alumnado de 6ª de Primaria que lerá textos.

Xoves 23 ás 17:30h na Praza de Compostela – Lectura pública de textos literrarios diante da escultura de Domingo Villar, nun acto non que soará a música da agrupación Son das Flores. O evento está aberto a participación de toda a cidadanía, cada participante disporá de cinco minutos diante do micrófono para ler un texto da literatura galega, española e universal.

Venres 24 ás 19:30 horas na Biblioteca Neira Vilas – Contos Dakí, unha sesión especial de contos para público adulto con Cris de Caldas, que presenta o seu espectáculo De amor, sexo e morte.

Venres 24 ás 20:00 h na Casa Galega da Cultura – Faladoiro de narradoras e narradores Por que escribimos? Por que lemos? Por que amamos os libros?. Participan Pedro Feijóo, Guada Guerra e An Alfaya e modera Francisco Castro. Durante o acto, a ilustradora Kristina Sabaite realizará unha obra pictórica diante do público.

Sábado 25 ás 12:00h na Casa Galega da Cultura – Faladoiro de poetas Escribir poesía, ler poesía, ser poetas. Participan Silvia Penas, Samuel Merino e Román Raña. Modera: Xina Vega.

Hora

24 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events