REVISTA ABRIL

Ponte solidario: campaña de doazón de sangue

03dec(dec 3)10:00Ponte solidario: campaña de doazón de sangueACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O Centro Comercial Travesía volve acoller os días 3 e 4 de decembro unha nova campaña de doazón de sangue en colaboración coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, e co fin de impulsar as doazóns de sangue entre clientes e empregados.

Baixo o claim, Ponte solidario promoveranse as doazóns habilitando un espazo no interior do recinto comercial, na zona Wifi da planta -1, nos seguintes horarios: venres 3 de decembro de 10:00 a 14.30 e 15:30 a 21:00 horas, e sábado 4 de decembro de 10:00 a 14:30 horas.

Garantiranse todas as medidas e protocolos de seguridade, así como o control de aforo.

“Tras o éxito da campaña organizada no mes de xuño, volvemos colaborar con ADOS nunhas datas especiais polas festas de Nadal e a ponte de decembro. O noso obxectivo é facilitar ao máximo as doazóns coa comodidade e seguridade que ofrece Travesía”, sinala Angélica Falagán, xerente de centro comercial Travesía.

Trátase da segunda campaña de doazón que acolle Travesía este 2021, tras a realizada con motivo do Día Mundial do Doante de Sangue, o 14 de xuño, e coa que se conseguiron 51 doazóns, das cales 14 foron de novos doantes, unha cifra moi positiva.

Coas doazóns da campaña organizada en Travesía puidéronse xestionar glóbulos vermellos para 26 intervencións cirúrxicas ou 5 transplantes de fígado, plaquetas para axudar a 9 enfermos de cancro ou leucemia. Cifras que poñen en valor a gran importancia deste tipo de iniciativas.

O centro comercial Travesía volverá regalar a cada participante na campaña de doazón un vale de almorzo, que se poderá gozar entre o 3 e o 23 de decembro de 2021, ambos os incluídos, en “A Hora do Café”, “O Bodegón” ou “ Feelfood”, establecementos situados na planta 1.

Máis

Hora

3 (Venres) 10:00(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events