CAMELIAS MASCOTAS

Pólvora 

28xul19:0022:59Pólvora CONCERTOS | 10,00€19:00 - 22:59(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Na que xa vén sendo unha tradición do verán, a banda viguesa Pólvora reúnese no xardín da Fundación Sales para presentar os seus temas novos e tocar os seus hits máis coñecidos, como Isla Futura ou O Xardín dos Inxenuos. Máis que un concerto será unha festa para toda a familia, que este ano comezará coas cantigas de Iria Medraño, a artista convidada, e terminará coa sesión dj para bailar do músico e produtor 2Pas0s.

Este venres 28 de xullo a Pólvora explota de novo. Unha data especial pois supón o seu único concerto en todo o ano, e nun espazo tan privilexiado como o xardín da Fundación Saes. Presentaranse os temas novos con todos os integrantes e a banda ao completo: Erro, Pierre Chauvency, Marcos de la Fuente, David Fermoselhe e Manu 2 Pasos. Teclados, Baixo, Guitarra española, voz, saxo, ritmos e programacións.

Unha orixinal mestura de música electrónica, instrumentos en vivo e spoken word ou palabra falada, que emociona e entretén a partes iguais, sobre todo no seu potente e adictivo directo, que interactúa co público, convidando tanto á reflexión como á festa, e que xa levaron a festivais como o MED en Algarve ou o SeaFest en Vigo, e a salas de Madrid e Barcelona como Intruso ou a mítica Sidecar.

Despois do concerto de Pólvora e antes do dj haberá Micro Aberto para músicos e poetas. Estará conducido polos propio Marcos de la Fuente, con ilustres convidados como Malvares de Moscoso, Lupita Hard, Nila Pousa ou Stella Maris entre outras, no que será unha nutrida reunión da escena e un dos eventos musicais do verán.

19h Iria Medraño

20h Pólvora en concerto

21h Micro Abierto

22h 2Pas0s dj set

Máis

Hora

28 xullo, 2023 19:00 - 22:59(GMT+01:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events