REVISTA FEBREIRO

Poetas referentes: Rosalía de Castro

20out19:00Poetas referentes: Rosalía de CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Rosalía de Castro será a protagonista da terceira charla do ciclo de conferencias `Poetas Referentes ́, que se está a celebrar ao longo do mes de outubro na asociación Évame Oroza. Nesta oportunidade o conferenciante será Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e unha voz tremendamente cualificada para falar sobre a insigne poeta e escritora, inspiración de xeracións de galegas e galegos.

Como as anteriores, a conferencia celebrarase en venres, nesta ocasión o 20 de outubro, a partir das 19:00 horas, no local da asociación, situado no número 5 da rúa Subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo.

Anxo Angueira, escritor e poeta clave nas últimas décadas da literatura galega, é un estudoso da obra e vida de Rosalía de Castro, así como, dende o ano 2012, presidente da fundación que leva o nome da poeta. Angueira é, sen dúbida, un dos maiores coñecedores de Rosalía, pola que Oroza sentía profunda admiración, e sobre ela versará a xornada.

O ciclo de conferencias `Poetas Referentes ́, coordinado por Luz Eva Fernández, está centrado en autoras e autores que influíron na obra, e tamén na vida, de Carlos Oroza. Comezou o pasado venres 6 de outubro coa conferencia ofrecida por Eduardo Moga sobre a figura do autor estadounidense Walt Whitman. O 13 de outubro, Helena Cortés Gabaudan, doutora en Filoloxía Alemana, falou sobre Hölderlin; esta semana a protagonista é Rosalía de Castro e o ciclo rematará o venres 27 de outubro, con Branca Novoneyra, que analizará a estreita relación de amizade entre os poetas Uxío Novoneyra e Carlos Oroza.

Día: 20 de outubro
Hora: 19:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Évame Oroza (Praza do Abanico, Casco Vello Alto
de Vigo)

Máis

Hora

20 outubro, 2023 19:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events