BIBOPALULA

11out19:00Recital polo V centenario de Luís de CamõesESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

No ámbito das Celebracións do V Centenario do Nacemento de Luís de Camões, Centro Cultural Portugués de Vigo que leva o seu nome presenta un evento de poesía coa participación dos poetas portugueses Renato Filipe Cardoso, Minês Castanheira, Hugo Milhanas Machado e Raquel Patriarca e os poetas galegos Miguel Anxo Fernán Vello, Alfredo Ferreiro, Arancha Nogueira e Silvia Penas. Os poetas foron convidados a crear un poema dedicado a e/ou inspirado por Camões.

No evento, alternarase a lectura de poemas de Camões, pola boca de profesores e membros do Eu.Experimento, grupo de teatro afeccionado do Camões, e dos poemas dos poetas convidados, que terán tamén a oportunidade de partillar as súas experiencias de lectura de Camões e a súa relación coa lírica camoniana.

O evento terá lugar na sala multiusos do Camões o día 11 de outubro, ás 19:00.

Luís de Camões

Luís de Camões, considerado o máximo expoñente da poesía en lingua portuguesa, foi un escritor portugués nado en Lisboa arredor de 1524. A súa vida estivo marcada pola aventura e as viaxes, participando en campañas militares que o levaron a coñecer diversas culturas. A súa obra máis soada, “Os Lusíadas”, é un poema épico que narra os grandes descubrimentos marítimos portugueses e exalta a historia e o pobo portugués. Esta obra posicionouno como un dos grandes poetas europeos do seu tempo e a súa influencia na lingua portuguesa foi fundamental, establecendo un canon duradeiro e converténdose nun símbolo de identidade nacional. Camões faleceu en Lisboa en 1580, deixando un legado literario que perdura ata os nosos días.

Máis