ORQUESTRA CLÁSICA

20mar20:00POEMÁFOROSactividades para o coco | de balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A POESÍA DE CELSO EMILIO FERREIRO PROTAGONIZA O DÍA DA POESÍA EN ÉVAME OROZA COA PRESENTACIÓN DE POEMÁFOROS

A cita será o venres 20 ás 20:00 horas e está aberta a todas as persoas que desexen participar.

Évame Oroza acollerá o venres 20 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación do libro Poemáforos de Celso Emilio Ferreiro, acto co que a asociación quere conmemorar o Día da Poesía, que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo. A actividade é de entrada libre ata completar aforo.

O acto estará centrado na presentación de Poemáforos, unha obra que recupera un conxunto de aforismos poéticos nos que o autor condensa pensamento, ironía e beleza a través de versos breves e incisivos, que fixo durante o seu exilio en Caracas e enviaba ao libreiro Antón Patiño. Este volume constitúe o segundo título da colección Moraima, do selo Luscofusco Edicións, a e supón a posta en valor dun material literario de gran intensidade expresiva.

Na presentación participarán Xabier Ferreiro, Antonio García Teijeiro e o editor Xabier Romero, que achegarán diferentes perspectivas sobre a obra e o legado do autor.

Ademais, o encontro terá un carácter aberto e participativo: o público asistente estará convidado a ler versos tanto de Poemáforos como doutros poemas dispoñibles no local, convertendo a sesión nun espazo compartido de
celebración da palabra poética.

Figura fundamental da literatura galega contemporánea, Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979) foi un dos grandes expoñentes da poesía social e de denuncia, cunha obra marcada polo compromiso político, a defensa da
lingua e a reflexión sobre temas como Galicia, a emigración, a liberdade ou a inxustiza. O seu libro Longa noite de pedra converteuse nun símbolo da resistencia cultural durante o franquismo .

Con Poemáforos, recupérase agora unha peza singular da súa produción: un “libro roxo” de aforismos que funciona como unha verdadeira declaración de principios, onde a poesía se presenta como ferramenta crítica, belixerante e
profundamente actual.

Día: 20 de marzo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Évame Oroza (Subida a Costa, 5 – Casco Vello Alto de Vigo)

Hora

20 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events