Plis Plas Festival – A Movida

maio, 2018

12mai12:00Plis Plas FestivalFESTIVAL | De balde12:00 Navia

Máis

Detalles do evento

OBRADOIROS E ACTIVIDADES

KIDS&US, lenguage school: Contacontos e obradoiros de manualidades en inglés.

Sábado 12h. e 18:30h· Domingo 16:30h: STORYTIME FOR BABIES (-3 anos)
Sábado 13h. e 16h. · Domingo 12h. e 19h: MANUALIDADES KIDS&MASKS (+4 anos)
Sábado 17:30h. · Domingo 13h. e 18h : STORYTIME FOR KIDS (+4 anos)

SPORTEMP: Obradoiros en familia. A partir de 6 anos. Aforo 15 nenos acompañados por un adulto.

Sábado de 12 a 14h. / pases cada 40 min.: DECORACIÓN DE GALLETAS
Sábado de 16 a 20h. / pases cada 45 min.: OBRADOIRO DIVERCIENCIA
Domingo de 12 a 14h. / pases cada 30 min.: OBRADOIRO ORIGAMI (Papiroflexia)
Domingo de 16 a 20h. / pases cada 30 min.: TORNEO FAMILIAR DE DARDOS

SKATEBOARD SCHOOL: Clases de iniciación ao skate. Desenvolveranse habilidades de equilibrio e explicaráselles o funcionamento e medidas de seguridade. Pases de 40 minutos. Aforo 10/12 participantes.

Sábado de 12 a 14:30h. e 16 a 18:30h.
Domingo de 12 a 14:30h. e 16 a 18:30h.

KIRIKO, ocio en la naturaleza: Aula da natureza, realización de pegadas con escaiola. Decoración e plantación en macetas. Aforo 15 participantes.

Sábado e Domingo 12h. e 17h.:DESCUBRINDO O NOSO BOSQUE/ +6 anos.
Sábado e Domingo 18:30 h. FABRICANDO OXÍGENO/ +3 anos.

LA FLAUTA MÁGICA: Obradoiros para os máis pequenos de 0 a 3 anos.

Sábado ás 13h.: MASAXES PARA BEBÉS de 0 a 18 meses
Sábado e Domingo ás 17h.:  MÚSICA PARA BEBÉS de 0 a 18 meses
Sábado e Domingo ás 18h.: MÚSICA PARA BEBÉS de 18 a 36 meses

MILRAMAS, espazo de xogo para todxs: Un espazo onde xogar libremente, sen xuízos e sen metas, onde poder crear e expresar con diferentes materiais naturais, convencionais e non estructurados. Aforo 12/15 participantes.

Sábado a partir das 16:30h.: Para menores de 3 anos
Domingo a partir das 12h. e das 16:30h.: Para maiores de 3 anos

MUNDO SONORO: Obradoiros musicais en familia.

Sábado 17:00 h.: MUSICPAINTING: Jam Session e improshow/ +6 anos
Domingo 12h. (0 a 2 anos) e 18h. (3 a 5 anos): MÚSICA EN FAMILIA: disfrutando dunha experiencia musical enriquecedora. Para nen@s acompañados de un ou dous adultos.

LA MONA CHITA: Déixate sorprender cun novo concepto de arte: A ARTE PROGRESIVA. Levando a cabo unha creación colectiva, as familias poderán visitar, xogar e habitar nos espazos que eles mesmos están a crear.

Domingo de 12 a 14h. e 16 a 20 h.

ELEVEN SCHOOL OBRADOIROS DE ARQUITECTURA SUSTENTABLE E BIOCLIMÁTICA: Que é construír? Os animais constrúen? Animádesvos a construír un refuxio animal? A partir de 3 anos. Aforo 15/20 nenos en cada sesión.

Domingo 12h. 16:30h. e 18h.

ENSÍNAME: servicios de formación Xogos, obradoiros e contacontos en inglés.

Domingo 12:30h. e 17h.: XOGANDO CON JOLLY PHONICS/ 3 a 5 anos
Domingo 13:30h. e 18h. OBRADOIRO DE MÁSCARAS PIRATAS/ +3 anos
Dom. 14h. e 18:30h. CONTACONTOS “A TALE OF 2 PIRATES”
Domingo 16h. / +6 anos APRENDE A LEER CON SNAKE, BEE AND INKY

COMO PECES EN EL AGUA: Espazo de materiais manipulativos e sensoriales inspirados nas filosofías Montessori e Reggio Emilia. A partir de 18 meses. Aforo 12 participantes.

Sábado ás 12:30 e 13:15h

ESPECTÁCULOS

ILLAS E CAMIÑOS/ Magin Blanco
Magin Blanco volve ao festival para presentarnos a súa nova aventura musical CAMIÑOS e a deleitarnos cos seus grandes éxitos nun concerto máis íntimo para cantaruxar en familia.

Sábado 12 ás 12:30h. Escenario pequeño · Duración 50 min.

CUARTETO CARAMUXO
Un cargamento de vellas melodías esquecidas que revivirán actualizadas para seren gozadas, bailadas e sentidas utilizando as súas mellores armas: percusión xunto a clarinetes e acordeón.

Sábado 12 ás 13:30h. · Escenario grande · Duración 50 min.

NONO/ Nono
Un mundo onde os mosquitos loitan con espadas, os malabares serven para cociñar e os monos son os nosos mellores amigos. Un espectáculo tenro e desternillante, combinación de mimo, malabares,manipulación de marionetas e clown nun mundo sen palabras.

Sábado 12 ás 16:30h. · Escenario grande · Duración 55 min.

A MÚSICA DA AUGA/ Servando Barreiro e Anxo Moure
Presentación oficial do NOVO LIBRO-CD A Música da auga, onde se recupera a cultura tradicional do “espertar das augas”. Contos da chuvia e das fontes que divulgan a riqueza dos ecosistemas fluviais e marítimos e propoñen hábitos para o seu coidado.

Sábado 12 ás 18:00h. · Escenario grande · Duración 50 min

ASACOCIRCO SHOW/ ASacoCirco
O espectáculo combina humor, e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica e ritmo, con poucas palabras e un xogo cómico onde o espectador sentirá moi implicado e onde sempre hai lugar para a sorpresa.

Sábado 12 ás 19:15h. · Escenario pequeño · Duración 45 min.

Hora

(Sádado) 12:00

Lugar

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

X