
02mai21:30PLEDGE + NO CHILLIN' SIESTA BOYSCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) El Contrabajo
Detalles do eventos
A sala El Contrabajo organiza un concerto de Pledge, xunto a No Chillin’ Siesta Boys. Pledge é unha banda portuguesa, nada en Viana do Castelo
Detalles do eventos
A sala El Contrabajo organiza un concerto de Pledge, xunto a No Chillin’ Siesta Boys.
Pledge é unha banda portuguesa, nada en Viana do Castelo no ano 2018. Caracterízase polo seu son enérxico, explosivo e sentimental. Tocan un post-hardcore sen ataduras, adaptado aos tempos modernos, que bebe das influencias propias de cada membro. Cunha ampla andadura polos numerosos escenarios e festivais de Portugal, Pledge ofrece una performance explosiva, xenuína e carismática, chea de destreza musical.
No Chillin’ Siesta Boys é unha proposta agresiva cunha estética diferente. Trátase dun grupo formado por antigos membros de bandas de referencia do underground ourensán como, por exemplo, Kaleya, Outlines ou Above the Seas. Contan con influencias variadas, desde o hardcore punk clásico ata o stoner doom, pasando polo groove metal.
Máis
Hora
2 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)
Localización
El Contrabajo
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra