abril, 2019

27abr21:00PLASTICDANZA | 8,00€21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Co motivo do Día Internacional da Danza (29 de abril) poderemos gozar dunha programación especial no Auditorio do Concello con tres actuacións diferentes durante toda a fin de semana:

La Desnudez o venres ás 21 horas. Máis info do evento.
Plastic o sábado ás 21 horas.
Akari o domingo ás 18 horas. Máis info do evento.

O corpo como contedor. Como se dunha Barbie se tratara, que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior: reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle dá ao de fóra e non ao de dentro.

O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen. Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche. “Partindo do corpo como contedor, como se dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o baleirado”.

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X