Plantas e animais, adaptacións para sobrevivir – A Movida

agosto, 2018

22ago12:00Plantas e animais, adaptacións para sobrevivirCHARLA | De balde12:00 Edificio Cambón

Máis

Detalles do evento

Esta semana Centro de Interpretación das Illas Atlánticas adica a programación de actividades aos sobreviventes das Illas Atlánticas de Galicia.

O martes (21 de agosto) pola tarde farán unha visita guiada polo centro na que relatarán a supervivencia das distintas poboacións das illas ó longo do tempo e o mércores (22 agosto) a visita guiada centrarase nas distintas estratexias de adaptacións da flora e da fauna para lograr sobrevivir nunhas condicións tan duras.

O xoves (23), a charla de divulgación introduciranos na problemática das especies exóticas invasoras. E o venres (24) non podía faltar o Cine en Verde coa proxección de dous pequenos audiovisuais sobre a biodiversidade deste espazo natural protexido.

O sábado (25) rematará a semana coa actividade infantil na que a través de diferentes dinámicas adaptadas ós máis cativos,descubrirán os diferentes trucos dos sobreviventes das illas.

Hora

(Mércores) 12:00

Lugar

Edificio Cambón

Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

X