Detalles do eventos
Referentes internacionais analizan en Vigo as alertas globais de crise e erosión dos dereitos humanos As palestras ofrecerán unha análise das dinámicas xeopolíticas, explorando os
Detalles do eventos
Referentes internacionais analizan en Vigo as alertas globais de crise e erosión dos dereitos humanos
As palestras ofrecerán unha análise das dinámicas xeopolíticas, explorando os efectos dos conflitos actuais e as respostas que xorden dende a mobilización cidadá e o internacionalismo solidario
Vigo, X de marzo de 2026 – Os días 18, 19, 20 e 21 de marzo de 2026 terán lugar en Vigo (Café De Catro a Catro) as xornadas “Planeta en disputa: alertas globais e respostas populares”, organizadas por ECOAR))) no marco do proxecto Ágora-R. Esta iniciativa busca ofrecer un espazo de reflexión e debate sobre as múltiples crises que atravesan ao sistema global, desde a militarización e a erosión dos dereitos humanos ata a crise climática e as dinámicas de poder, que afectan tanto a nivel local como internacional.
As xornadas, que forman parte do proxecto Ágora R, teñen como obxectivo proporcionar un entendemento profundo das alertas xeopolíticas globais que actualmente afronta a cidadanía. Ao longo de oito palestras abordaranse o impacto das políticas internacionais, a concentración de poder, os proxectos de rearme e as dinámicas do poder tecnolóxico e mediático, ao tempo que se explorarán estratexias de resistencia, mobilización social, solidariedade internacional e construción de alternativas máis xustas.
“Planeta en disputa: alertas globais e respostas populares”, nun contexto de crise climática, económica e política, abrirá un espazo para analizar as dinámicas actuais e fornecer ferramentas á cidadanía para comprender e responder de maneira organizada e efectiva ante a escalada de conflitos globais.
Relatores e relatoras confirmadas:
- Asier Arias Domínguez, profesor da Universidad Complutense de Madrid, analizará a reconfiguración do sistema-mundo, a militarización e os límites biofísicos desde a perspectiva da xustiza social.
- Augusto Zamora, xurista e diplomático, abordará os cambios e derivas da política internacional dos Estados Unidos, con exemplos de Venezuela e Irán.
- Pablo Elorduy, xornalista e analista político, reflexionará sobre como as élites tecnolóxicas aceleran o acoso á democracia e o deterioro das institucións.
- Anna Gabriel i Sabaté, educadora social, abogada, profesora de dereito e exdeputada pola CUP, describirá as estratexias municipalistas e populares contra a extrema dereita.
- Tica Font, investigadora e experta en economía de defensa, desmontará falacias sobre o investimento militar e analizará o plan de rearme da Unión Europea.
- Irene Zugasti, xornalista e analista internacional, debullará as lóxicas da propaganda belicista e presentará alternativas mediáticas para o xornalismo de paz.
- Aníbal Garzón, sociólogo e especialista en Estudos Internacionais, analizará a transición dun mundo unipolar a un mundo multipolar e o papel do Sur Global e os BRICS.
- Francesca Cicardi, xornalista especializada en Oriente Medio, falará sobre a solidariedade internacional fronte ao xenocidio en Palestina e as súas limitacións e posibilidades.
Hora
18 marzo, 2026 12:00 - 21 marzo, 2026 01:00(GMT+01:00)
Localización
Café De Catro a Catro
R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo
Hoxe móvese
marzo

