BannerEntroido
BannerArribada

xaneiro, 2020

28xan11:00Pista de xeo zona NáuticoACTIVIDADES DEPORTIVAS | 7,00 €11:00 Peirao do Náutico

Máis

Detalles do evento

O complexo de lecer de Zona Náutico ao fin estará completo. O venres 3 de xaneiro inaugúrase o “Gran parque de ocio navideño”, ás 19:00 horas e que terá como grandes protagonistas unha pista de xeo de 1.000 metros cadrados ao descuberto e unha rampla de trineos de 40 metros de longo por cinco de ancho. Ambas serán de acceso gratuíto durante o día da inauguración.

Os prezos do complexo de lecer serán de 7 euros por patinar durante 45 minutos e 5 € por deslizarse en trineo poola rampla (ambas atraccións terán un desconto de 1€ coa Pass Vigo). Tamén están xa instaladas na zona dúas atraccións infantís: coches de choque e camas elásticas. Unha viaxe custará 2.50 euros; 6 viaxes, 10; e 15 viaxes, 20 euros.

Este complexo de lecer ivernal estará aberto todos os días de 11.00 a 23.00 horas ata o 31 de xaneiro.

Hora

(Martes) 11:00

Lugar

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X